Praza do Conselleiro Fernando Salgado - 27560 - Monterroso (Lugo)
Ir a todas as Salas

SALA 6. HISTORIA 2

 

A sala 6 enlaza coa anterior, ofrecendo na primeira parte da sala, datos e expoñendo pezas propias do momento no que Roma exercía o seu dominio sobre a península Ibérica.

Nesta sala móstranse muíños romanos de distintos diámetros e grosores, de maneira que se pode apreciar a meta e o catillus. Outras pezas son o pondus de tear, pero tamén un pondus como medida de referencia para pesos. Conserva esta última peza inscritas letras propias da unidade de magnitude que representaba. Trátase dunha peza única, hai constancia de moi pouquiñas unidades máis conservadas en España.

Na segunda parte, continúa a través dos principais períodos históricos para culminar coa Idade Media, con representacións e obxectos do Románico eclesiástico e tamén con información e fotografías do Románico civil.

Algunhas das pezas expostas son: a ventá xeminada prerrománica, capiteis e fustes románicos.

Distintos artistas se inspiraron en obras do noso románico ulloán para plasmar nas súas obras. Nesta sala temos colgado un óleo do pintor tamén monterrosino Antonio Yebra de Ares quen se fixou no Castelo de Pambre para deixar voar os seus pinceis.

IMAXES

Centro de Interpretación. Monterroso, Vila de Feiras. Desarrollo web: GaliciaDigital
Aviso legalPolítica de privacidadePolítica de cookies