Praza do Conselleiro Fernando Salgado - 27560 - Monterroso (Lugo)
Esta sala ten dúas partes, a través da primeira búscase informar ao visitante da existencia de unidades de medida, de capacidade para líquidos, para áridos, de lonxitude, de peso e de superficie propias desta zona ata ben adiantado o século XIX. Coa promulgación da Ley 19/o7/1849 (Gaceta de Madrid, no 5, 426) unificanse para toda España as medidas, tendo en conta unha unidade de magnitude uniforme e xeralizada, desbotando así as diferencias entre cada provincia española. Moitas aínda podían cambiar dun lugar veciño a outro.
Estas magnitudes foron empregadas reiteradamente na feira nos distintos tratos, pero tamén nas escrituras de carácter legal.
A segunda parte da sala está formada por vitrinas expositoras nas que se expoñen as obras de diferentes autores que se ocuparon de Monterroso dende distintas disciplinas do saber, e tamén por extensión da Ulloa.