Praza do Conselleiro Fernando Salgado - 27560 - Monterroso (Lugo)
Volver ás Salas

SALA 3. PERSOEIROS

A través da sala 3 búscase transmitir ao visitante:

  • A antigüidade da Feira de Monterroso, con máis de 800 anos acreditados documentalmente a través da exposición de facsímiles.
  • Como o papel dun evento tan importante como é a feira cunha celebración ininterrumpida por máis de oito centurias determinou que a vila de Monterroso se construira dende fai pouco máis dun século nas inmediacións dos distintos tourais tradicionais e non sobre o Camiño Francés de Santiago, tal e como acontece nos restantes concellos polos que este transita.
  • Como a propia feira lle deu os topónimos tradicionais á vila.
  • Asemade cóntase como nos lugares que ocupou tradicionalmente a Feira de Monterroso confluían os principais camiños que cruzaban Galicia, moitos deles documentados dende o Medievo.
  • E por último, tamén se ofrece nunha vitrina a vinculación da Feira de Monterroso coa documentación legal, e polo tanto cos foros, a configuración das propiedades, a transmisión dos eidos… (documentos que explican o resultado do Monterroso-territorio que hoxe coñecemos) pois, máis dun terzo dos documentos elaborados polos escribáns ao largo dos séculos XVI a XIX efectuábanse na feira.

 

Nesta sala preténdese ofrecer información dos feirantes tomando como abano temporal dende a caída do Antigo Réxime ata mediados do século XX. Coma toda selección é limitada e subxectiva, pois supón a priorización e escolma duns personaxes en detrimento doutros que tamén eran tipos de feirantes populares.

O expectador recibe a impronta dos nosos antepasados feirantes a partir de varios soportes: recreación artística a partir das imaxes de Andrés Haensel, fotografías antigas, películas cinematográficas, documentos gráficos, obxectos que adubiaron aos distintos tipos humanos, e recreación a través da vestimenta.

Así na sala o visitante pode achegarse á imaxe do tratante, do bandoleiro, do labrego, dos señoritos, dos indianos, da menciñeira, do crego, do arrieiro…

IMAXES

Centro de Interpretación. Monterroso, Vila de Feiras. Desarrollo web: GaliciaDigital
Aviso legalPolítica de privacidadePolítica de cookies