Praza do Conselleiro Fernando Salgado - 27560 - Monterroso (Lugo)
Ir a todas as Salas

SALA 2. HISTORIA DA FEIRA – OS TOURAIS/FEIRAIS


A través desta sala búscase que o visitante poida consultar distintos documentos facsímiles, cuxos orixinais contan con máis de oito séculos (que tratan da Feira de Monterroso), como aquel que concede o pedaticum do sal vendido en Monterroso ao mosteiro de Sobrado dos Monxes no 1219. Tamén se poden consultar outras escrituras que dan fe de algunhas vicisitudes históricas que tiveron que atravesar os tourais, e mesmo fotos da vila construíndose arredor dos feirais.

A través dun rueiro cos nomes tradicionais dos distintos campos, feirais e espazos afectados pola feira ofrécese a toponimia antiga, pero tamén a que segue na memoria e no dicir de moitos monterrosinos. Nomes como O Rego do Pulpo, O Campo do Algodón ou A Feira das Mulleres son algún exemplos destes topónimos que nunca deberon ser desbotados.

Tamén neste espazo se pode apreciar como distintos camiños reais confluían no que hoxe é a vila de Monterroso. Con toda seguridade moitos deles estarán trazados sobre vías previas, desde tempos inmemoriais. Esta confluencia de camiños moi ben puido motivar que aquí xurdira unha feira de importancia, e esta se mantivera no tempo.

Outros aspectos que interpelan ao espectador da sala son:

  • A feira como lugar para levar a cabo as escrituras públicas.

  • A feira, principalmente as grandes feiras de outubro a febreiro, como sitio no que adquirir elementos vinculados á cultura para aquelas clases privilexiadas que tiñan acceso á alfabetización.

IMAXES

Centro de Interpretación. Monterroso, Vila de Feiras. Desarrollo web: GaliciaDigital
Aviso legalPolítica de privacidadePolítica de cookies