Praza do Conselleiro Fernando Salgado - 27560 - Monterroso (Lugo)
Ir a todas as Salas

SALA 1. A FEIRA GALEGA, EXEMPLO PARADIGMÁTICO: MONTERROSO

 

O nome “Monterroso, a vila das feiras” relata como Monterroso cabeceira municipal xurdiu no último século aproveitando o especial enclave das Feiras de Monterroso, celebradas ininterrumpidamente dende fai máis de oito séculos onde hoxe se levanta a vila e inmediacións.

Xente de toda a península Ibérica tivo relacións comerciais ao longo destas centurias coa bisbarra da Ulloa, grazas ás resonadas feiras monterrosinas.

Nesta sala o visitante pode coñecer os distintos eventos de feira que existiron, e moitas delas aínda perviven no concello: os distintos días de feira, o nome das feiras mensuais de cada día primeiro, os mercados, as feiras doutras parroquias, a creación de novas feiras no século XX, os cánones por asiento na feira… O protagonista neste espazo é o panel adicado á Feira de Santos, nel preténdese mostrar como a convocatoria de cada un de novembro figuraba entre as grandes feiras galegas do XVIII e XIX, á altura do apóstolo de Santiago ou da Pascua de Padrón, segundo testemuñan distintos escritos, pois nela poñíanse á venda produtos exclusivos dos grandes eventos: alfaias, mercadorías preciosas, e animais de alto custo como as mulas.

IMAXES

Centro de Interpretación. Monterroso, Vila de Feiras. Desarrollo web: GaliciaDigital
Aviso legalPolítica de privacidadePolítica de cookies