{"id":6253,"date":"2023-03-30T13:49:00","date_gmt":"2023-03-30T11:49:00","guid":{"rendered":"https:\/\/museomonterroso2.clientes.galiciadigital.com\/?p=6253"},"modified":"2024-10-03T09:42:06","modified_gmt":"2024-10-03T07:42:06","slug":"o-novo-museo-de-monterroso-reune-1-400-pezas-sobre-a-feira-e-o-pasado","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/o-novo-museo-de-monterroso-reune-1-400-pezas-sobre-a-feira-e-o-pasado\/","title":{"rendered":"O novo museo de Monterroso re\u00fane 1.400 pezas sobre a feira e o pasado"},"content":{"rendered":"<p>O pasado e o presente de <strong>Monterroso<\/strong>, as s\u00faas feiras e alg\u00fans dos veci\u00f1os m\u00e1is ilustres son os protagonistas do <strong>novo museo<\/strong> da localidade, un hist\u00f3rico anhelo que acaba de facerse realidade grazas \u00e1 doaz\u00f3n de m\u00e1is de 1.400 pezas e c\u00f3dices por parte do crego <strong>Carlos M\u00e9ndez V\u00e1zquez<\/strong>, ao empe\u00f1o da directora das instalaci\u00f3ns, <strong>Mar\u00eda Jos\u00e9 G\u00f3mez Alvite<\/strong>, e \u00e1 colaboraci\u00f3n entre a Xunta de Galicia e o Concello de Monterroso, que aportaron 200.000 e 50.000 euros, respectivamente, para a s\u00faa creaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>O antigo centro de sa\u00fade foi remodelado para albergar varias <strong>salas de exposici\u00f3ns<\/strong> permanentes e temporais, ademais de almac\u00e9n e arquivo documental, unhas instalaci\u00f3ns renovadas que se inauguran este s\u00e1bado e permanecer\u00e1n abertas ao p\u00fablico a partir do vindeiro luns. A\u00ednda as\u00ed, G\u00f3mez Alvite, unha das persoas que mellor co\u00f1ece os pormenores do proxecto, ofreceu este m\u00e9rcores unha visita guiada ao conselleiro de Cultura, <strong>Rom\u00e1n Rodr\u00edguez<\/strong>; \u00e1 alcaldesa de Monterroso, <strong>Roc\u00edo Seijas<\/strong>, e ao primeiro tenente de alcalde e voceiro do PP local, <strong>Eloy P\u00e9rez Sind\u00edn<\/strong>, quen aproveitou para agradecer &#8220;a forte e decidida aposta pola cultura e a promoci\u00f3n do patrimonio de Monterroso por parte dos gobernos do PP&#8221;, entre outras autoridades e persoas vencelladas ao novo centro de interpretaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Son as <strong>feiras do municipio<\/strong>, as que xurdiron e se mante\u00f1en ao longo de m\u00e1is de 800 anos, as que copan boa parte do percorrido no museo. &#8220;Todo o pobo era unha feira&#8221;, resumiu Rom\u00e1n Rodr\u00edguez diante dos paneis que lembran as orixes daquelas feiras de mulos e mulas, arrieiros, maragatos e produtos aut\u00f3ctonos que deron p\u00e9 a que nacese a vila de Monterroso. Un nacemento facilitado pola familia dos Salgado, tal e como sinalaba a directora do centro, e un crecemento que se debeu &#8220;aos labregos e aos emigrantes&#8221;.<\/p>\n\n\n\n<p>&#8220;Este tipo de museos te\u00f1en unha funci\u00f3n moi importante: <strong>potenciar o orgullo local<\/strong>&#8220;, expuxo Rodr\u00edguez ao tempo que falaba da importancia das feiras na estrutura territorial e econ\u00f3mica do interior de Galicia: &#8220;Aqu\u00ed romp\u00edase a econom\u00eda de autoconsumo e \u00e9 normal que sexa en Monterroso onde se ergue un museo que recompila algo polo que era tan co\u00f1ecido, as feiras&#8221;. Pola s\u00faa parte, a rexedora, Roc\u00edo Seijas, agradeceu a &#8220;posta en valor da historia do municipio grazas \u00e1s aportaci\u00f3ns da Xunta e do Concello e \u00e1s doaz\u00f3ns de don Carlos&#8221;, as\u00ed como &#8220;a idea de Mar\u00eda Jos\u00e9 G\u00f3mez Alvite&#8221; para dar forma ao no novo centro de interpretaci\u00f3n e inserir nel o museo parroquial do que foi crego de Monterroso durante seis d\u00e9cadas.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">M\u00e1is al\u00e1 da feira<\/h2>\n\n\n\n<p>Ademais das feiras, raz\u00f3n de ser deste concello ullo\u00e1n, as salas expositivas tam\u00e9n permiten descubrir as <strong>lendas<\/strong> vinculadas \u00e1s medorras, os <strong>gravados<\/strong> rupestres da comarca, as <strong>aras de Sirgal e Ligonde<\/strong> ou as casas grandes m\u00e1is desco\u00f1ecidas, como o <strong>Pazo de Dona Urraca<\/strong>, a <strong>Casona de Louzao<\/strong> ou a <strong>Casa Grande da Gra\u00f1a<\/strong>, pero tam\u00e9n as co\u00f1ecidas, como o <strong>Pazo da Laxe<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>Tam\u00e9n invitan a saber de figuras que deixaron a s\u00faa pegada en Monterroso. \u00c9 o caso do <strong>xeneral Salgado<\/strong>, o sacerdote <strong>Ram\u00f3n D\u00edaz Rodr\u00edguez<\/strong>, que salvou 40 roxos, o escritor <strong>Lorenzo Varela<\/strong> ou <strong>dona Maior de Ulloa<\/strong>, entro outros moitos nomes.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O pasado e o presente de Monterroso, as s\u00faas feiras e alg\u00fans dos veci\u00f1os m\u00e1is ilustres son os protagonistas do novo museo da localidade, un hist\u00f3rico anhelo que acaba de facerse realidade grazas \u00e1 doaz\u00f3n de m\u00e1is de 1.400 pezas e c\u00f3dices por parte do crego Carlos M\u00e9ndez V\u00e1zquez, ao empe\u00f1o da directora das instalaci\u00f3ns, [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":2,"featured_media":6355,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-6253","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6253","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6253"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6253\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6255,"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6253\/revisions\/6255"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6355"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6253"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6253"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6253"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}