{"id":6243,"date":"2024-05-16T12:46:14","date_gmt":"2024-05-16T10:46:14","guid":{"rendered":"https:\/\/museomonterroso2.clientes.galiciadigital.com\/?p=6243"},"modified":"2024-06-10T12:48:51","modified_gmt":"2024-06-10T10:48:51","slug":"acto-de-xustiza-para-cinco-insignes-de-monterroso-de-lorenzo-varela-a-don-carlos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/acto-de-xustiza-para-cinco-insignes-de-monterroso-de-lorenzo-varela-a-don-carlos\/","title":{"rendered":"Acto de xustiza para cinco insignes de Monterroso, de Lorenzo Varela a don Carlos"},"content":{"rendered":"<p>Dic\u00eda <strong>P\u00edo Baroja<\/strong> que para ser escritor basta con ter algo que contar, e na Ulloa non faltaban as historias e sobraban as li\u00f1as e as ganas. Cinco escritores de <a target=\"_blank\" href=\"https:\/\/www.elprogreso.es\/tags\/monterroso\/\" rel=\"noreferrer noopener\"><strong>Monterroso <\/strong><\/a>cunha prol\u00edfica obra, co\u00f1ecida e reco\u00f1ecida nalg\u00fans casos, in\u00e9dita e esquecida noutros, recibir\u00e1n a s\u00faa homenaxe no <strong>Museo das Feiras<\/strong>, onde se instalar\u00e1n <strong>cinco vitrinas<\/strong> que recoller\u00e1n os motivos polos que Teolindo Corti\u00f1a Toural, Manuel Lorenzo Varela, Antonio Yebra de Ares, Miguel Yebra Varela e Carlos M\u00e9ndez V\u00e1zquez deber\u00edan ter escritos os seus nomes en letras de ouro.<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\"><\/ul>\n\n\n\n<p>A responsable deste centro impulsado polo Concello, a fil\u00f3loga<strong> Mar\u00eda Jos\u00e9 G\u00f3mez Alvite<\/strong>, explica que &#8220;somos co\u00f1ecedores de que existiron, e existen, persoas de relevancia na cultura \u00e1s que, se non lles damos n\u00f3s a importancia que merecen, quedar\u00edan no <strong>esquecemento<\/strong>&#8220;.<\/p>\n\n\n\n<p>Fala as\u00ed do p\u00e1rroco<strong> Teolindo Corti\u00f1a Toural<\/strong>, nado en Toldaos, no <strong>Incio<\/strong>, en 1884 e que pasou a s\u00faa vida en Monterroso, ata que a sa\u00fade llo permitiu.<\/p>\n\n\n\n<p>Al\u00ed, ademais de ser co\u00f1ecido como o cura de Sirgal e de San Miguel de Penas, inmiscu\u00edse na cultura e pol\u00edtica da vila, loitando pola alfabetizaci\u00f3n dos seus veci\u00f1os promovendo a construci\u00f3n das escolas indianas de <strong>Sandolfe<\/strong>, na parroquia de Pol, e a de Reboredo, en <strong>Antas<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>&#8220;En 1923 contactou co <strong>Centro Gallego da Habana<\/strong> para facer catro escolas; ao final foron d\u00faas, pero a de Pol xa estaba en marcha en 1929. Logrou o financiamento e que moita xente traballase de xeito altru\u00edsta para a educaci\u00f3n de 130 alumnos&#8221;, rememora Alvite.<\/p>\n\n\n\n<p>Ser cura foi &#8220;unha eiva&#8221; para a s\u00faa obra, centrada na loita sindical e contra o caciquismo, e a maior\u00eda \u00e9 <strong>in\u00e9dita<\/strong>, pois encargoulle a outro sacerdote a publicaci\u00f3n dos seus libros e este &#8220;fixo unha <strong>escolma <\/strong>dos m\u00e1is relixiosos&#8221;. Faleceu no Incio, coa s\u00faa familia, en 1972.<\/p>\n\n\n\n<p>De <strong>Lorenzo Varela<\/strong>, protagonista das <strong>Letras Galegas<\/strong> de 2005, &#8220;pouco m\u00e1is hai que dicir; se abrimos unha sala adicada aos escritores de Monterroso, el ti\u00f1a que estar si ou si&#8221;. Primeiro fillo de Perpetua, de Lodoso, e de Jos\u00e9 Ram\u00f3n, de Fuf\u00edn, naceu en <strong>Cuba <\/strong>e tras idas e voltas a un e outro lado do <strong>Atl\u00e1ntico<\/strong>, cando volve a Galicia del\u00e1tao o seu acento, as\u00ed que pasa a co\u00f1ec\u00e9rselle como <strong>O Arxentino<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>En Lugo faise camarada de, entre outros,&nbsp;<strong>\u00c1nxel Fole<\/strong> e <strong>Ram\u00f3n Pi\u00f1eiro<\/strong>, abraza os ideais republicanos e iso obr\u00edgao a marchar a <strong>Madrid <\/strong>e, tras a<strong> Guerra Civil<\/strong>, a M\u00e9xico e <strong>Bos Aires<\/strong>, onde escribe os poemarios <em>Torres de amor<\/em>, <em>Catro poemas para catro gravados<\/em>&nbsp;e <em>Lonxe<\/em>, con ilustraci\u00f3ns de<strong> Luis Seoane<\/strong>. Os seus restos repousan en <strong>Fuf\u00edn<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>A <strong>Antonio Benito Yebra de Ares<\/strong>, To\u00f1ito para os seus amigos, d\u00e9beselle un D\u00eda das Letras Galegas. Nel traballan. Naceu en Monterroso en 1926 e foi pintor, ensa\u00edsta, contador de relatos, historiador, caricaturista,<strong> Cronista Oficial<\/strong> da vila, mais foi a <strong>pintura<\/strong>, con mostras ata en <strong>Par\u00eds<\/strong>, a faceta que lle ocupou boa parte da s\u00faa vida.<\/p>\n\n\n\n<blockquote class=\"wp-block-quote is-layout-flow wp-block-quote-is-layout-flow\">\n<p>A responsable do museo&nbsp;avanza que traballan en lograr un D\u00eda das Letras para Antonio Benito Yebra de Ares<\/p>\n<\/blockquote>\n\n\n\n<p>&#8220;O noso labor \u00e9 reivindicalo&#8221;, exp\u00f3n a fil\u00f3loga, quen descubriu, canda a familia do artista, &#8220;a inxente cantidade de contos, relatos, artigos, vi\u00f1etas, poemarios&#8230;&#8221;&nbsp;<strong>nos caix\u00f3ns da casa<\/strong>. Avanza ela que o primeiro \u00e9 publicar a s\u00faa obra completa e a s\u00faa biograf\u00eda e, unha vez posto ese chanzo, pelexar polo 17 de maio.<\/p>\n\n\n\n<p>A<strong> Miguel Yebra Varela&nbsp;<\/strong>def\u00edneo Alvite como algu\u00e9n que &#8220;cativaba falando e escribindo&#8221;. Descubriuno a trav\u00e9s dunha colaboraci\u00f3n para o libro <strong>As feiras de Monterroso<\/strong>, que ela coordinaba e ao que el presentou un artigo &#8220;magn\u00edfico&#8221;.<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\"><\/ul>\n\n\n\n<p>Unha parte da s\u00faa obra non se conserva, tal e como explica a responsable do centro,&nbsp;e agora traballan en reunir todos os seus escritos. &#8220;Hai unha semana chegou <strong>unha maleta chea<\/strong> deles&#8221;, di Alvite, quen se refire a unha <strong>novela curta<\/strong> del, in\u00e9dita, que transmite &#8220;o orixinal que era&#8221;: nela fai un percorrido polos \u00faltimos<strong> 60 anos<\/strong> a trav\u00e9s dos sal\u00f3ns de peiteado, desde as primeiras <strong>barber\u00edas <\/strong>\u00e1s que foi de novo, ata as modernas.<\/p>\n\n\n\n<p>E de <strong>Carlos M\u00e9ndez V\u00e1zquez<\/strong>, don Carlos, como todos o co\u00f1ec\u00edan, \u00e9 innegable a s\u00faa pegada en Monterroso. Recolleu a cultura que o rodeaba&nbsp;a trav\u00e9s do <strong>ensaio<\/strong>, pero tam\u00e9n da <strong>poes\u00eda<\/strong>, unha faceta&nbsp;&#8220;que descubrimos coa s\u00faa familia&#8221;.<\/p>\n\n\n\n<p>Polo momento, explica G\u00f3mez Alvite, tratan de discernir a calidade da s\u00faa obra l\u00edrica, pero \u00e9 <strong>incontestable <\/strong>o seu traballo como ensa\u00edsta.<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\"><\/ul>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">A inauguraci\u00f3n da sala ser\u00e1 este venres<\/h2>\n\n\n\n<p>As vitrinas estar\u00e1n na <strong>Sala dos Escritores<\/strong>, un espazo que se inaugura no Museo das Feiras este venres \u00e1s 11.30 horas.<\/p>\n\n\n\n<p>O acto forma parte da axenda do <strong>Concello <\/strong>polas Letras Galegas, e nel intervir\u00e1n os artistas monterrosinos Ana Vila, Adolfina Mesa, Pablo do Bat\u00e1n e Fernando Garc\u00eda Penas, que ler\u00e1n <strong>poemas <\/strong>propios, dos homenaxeados e de <strong>Lu\u00edsa Villalta<\/strong>, protagonista deste 17 de maio, ademais de dar a co\u00f1ecer a biograf\u00eda de cada un dos autores agora festexados.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Recepci\u00f3n de doaz\u00f3ns<\/h3>\n\n\n\n<p>Nese mesmo acto recibiranse as doaz\u00f3ns da <strong>familia de M\u00e9ndez V\u00e1zquez<\/strong>, con multitude de documentos hist\u00f3ricos, alg\u00fans mesmo datados no ano 1.500, ou exemplares de <strong>primeiras edici\u00f3ns<\/strong>, que nun futuro se abrir\u00e1n \u00e1 consulta de investigadores e se dixitalizar\u00e1n.<\/p>\n\n\n\n<p>A <strong>familia de<\/strong> <strong>Yebra de Ares<\/strong> entregar\u00e1 pinturas, bosquexos ou pinceis orixinais; <strong>Milagros Menoyo<\/strong>, un gravado neol\u00edtico de hai 6.000 anos, que achou nunha parede da&nbsp;s\u00faa casa e que mostra un cervo de costas, e <strong>Nicol\u00e1s Santoalla&nbsp;<\/strong>daralle ao museo&nbsp;pezas antergas,&nbsp;como mu\u00ed\u00f1os romanos ou a secci\u00f3n do fuste dunha columna.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Tam\u00e9n haber\u00e1 frenda floral<\/h3>\n\n\n\n<p>O <strong>espazo cultural Lorenzo Varela<\/strong> acoller\u00e1 logo unha ofrenda floral\u00e1s 12.30 horas, mentres que o acto de clausura estar\u00e1 conducido polo&nbsp;alcalde, <strong>Eloy P\u00e9rez Sind\u00edn<\/strong>.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dic\u00eda P\u00edo Baroja que para ser escritor basta con ter algo que contar, e na Ulloa non faltaban as historias e sobraban as li\u00f1as e as ganas. Cinco escritores de Monterroso cunha prol\u00edfica obra, co\u00f1ecida e reco\u00f1ecida nalg\u00fans casos, in\u00e9dita e esquecida noutros, recibir\u00e1n a s\u00faa homenaxe no Museo das Feiras, onde se instalar\u00e1n cinco [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":2,"featured_media":6244,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-6243","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categoria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6243","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6243"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6243\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":6245,"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6243\/revisions\/6245"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6244"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6243"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6243"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/museodemonterroso.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6243"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}